Objetivos del proyecto
Hemos seleccionado algúns dos obxetivos recollidos no currículum do segundo ciclo, os cales trataremos de cumplilos co proxecto.
- Coñecer e representar o propio corpo, identificando as súas partes e algunhas das súas funcións. Coa creación do robot pretendemos lograr que relacionen as súas partes do corpo coas partes que vaian creando do robot.
- Tomar a iniciativa, planificar e secuenciar a propia acción para realizar tarefas sinxelas e resolver problemas da vida cotiá, aceptando as pequenas frustacións e manifestando unha actitude tendente a superar as dificultades que se presentan, reforzando o sentimento de autoconfianza e sendo quen de solicitar axuda. Este é un dos obxectivos que deben estar presentes en todos os proxectos realizados cos rapaces, para que poidan alcanzar a autonomía persoal.
- Adecuar o propio comportamento ás necesidades e requirimentos das outras persoas, desenvolvendo actitudes e hábitos de respecto, axuda e colaboración e evitando comportamentos de dominio. Respetarse entre compañeiros para realizar un traballo máis productivo.
- Progresar na adquisición de hábitos de orde, constancia e planificación no desenvolvemento das tarefas. Orde tanto na creación do robot, e tamén para crear un conto cunha boa estructura e lexible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario